As Bibliotecas Municipais de Redondela, coa colaboración de Patricia Rigüela, animadora sociocultural no Concello de Redondela, sumámonos ao Día Internacional do Autocoidado.
Dende hoxe e ata o luns que vén compartiremos 5 suxestións, consellos para que todos nos coidemos mellor.
1- Tí es o teu punto de partida: quérete
“Quérete. Coñécete máis e mellor:
Coñecerse a unha mesma /a un mesmo asemella un emotivo viaxe, que che permite unha vida máis plena e chea de relacións, respecto e agarimo.
Unha tarefa apaixoante que pasa por aprender sobre as túas fortalezas e feblezas, queréndoas e aceptándoas.
▪️ Ninguén pode coñecerte mellor ca ti.
▪️ Respéctate e respecta os teus límites.
▪️ Pasa tempo contigo.
▪️ Respira conscientemente.
▪️ Se podes, medita.
▪️ Practica a atención plena.”
LECTURAS RECOMENDADAS:
– DR. MARIO ALONSO PUIG: Reinventarse, tu segunda oportunidad. Plataforma Ed.
– RAQUEL DÍAZ REGUERA: Yo voy conmigo. Thule.
FOTOGRAFÍA: Bibliotecas Municipais de Redondela – Paseo da Xunqueira.
2- 𝐌𝐨𝐯𝐞́𝐧𝐝𝐨𝐭𝐞 𝐜𝐨𝐚 𝐯𝐢𝐝𝐚 (𝐞𝐱𝐞𝐫𝐜𝐢𝐭𝐚 𝐨 𝐜𝐨𝐫𝐩𝐨)
3- Alimenta o teu espírito (le, escribe, crea)
4- Nutríndose da vida (alimentación saudable)
5- Relacionándonos
As relacións son unha parte moi importante das nosas vidas.
👥Coas persoas, co entorno e tamén con nós mesmos. As relacións de parella, familiares, as amizades. Todas requiren atención, adicación e coidado.
👥Unha relación sa e construtiva parte sempre da honestidade cun mesmo, que revirte na honestidade cos demáis.
▪️ Practica a empatía, a escoita e a comprensión.
▪️ Relaciónate desde a asertividade.
▪️ Confía en tí: no que fas e no que dis, e acepta que tamén podes equivocarte.
▪️ Comunica máis e mellor o que precisas, o que pensas e o que queres: ninguén pode adiviñalo.
▪️ Recoñece os teus erros e acéptaos con naturalidade. Acepta tamén os erros das outras persoas.
▪️ Se amable e apóiate nos bos modais.
▪️ Coida os detalles.
▪️ Respecta sempre.
🔸 “A verdadeira amizade é como a fosforescencia, resplandece mellor cando todo escurece” (Rabindranath Tagore).
🔸 “O vencello que une a túa auténtica familia non é de sangue, senon de respecto e alegría mutua” (Richard Bach)
🔸 “Amor é darlle ao outro a posibilidade de que sea a persoa que é e non a que os demáis agardan que sexa” (Roy Galán).
🌱LECTURAS RECOMENDADAS:
– 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑨 𝑴𝑨𝑹𝑻𝑰́𝑵𝑬𝒁 𝑵𝑶𝑽𝑶𝑨: 𝑸𝒖𝒆 𝒔𝒆𝒂 𝒂𝒎𝒐𝒓 𝒅𝒆𝒍 𝒃𝒖𝒆𝒏𝒐. 𝑬𝒅. 𝒁𝒆𝒏𝒊𝒕𝒉.
– 𝑳𝑼𝑪𝒀 𝑴𝑨𝑼𝑫 𝑴𝑶𝑵𝑻𝑮𝑶𝑴𝑬𝑹𝒀: 𝑽𝒂𝒍𝒂𝒏𝒄𝒚 𝑺𝒕𝒊𝒓𝒍𝒊𝒏𝒈 𝒐 𝑬𝒍 𝑪𝒂𝒔𝒕𝒊𝒍𝒍𝒐 𝑨𝒛𝒖𝒍. 𝑫𝒆𝒑𝒐𝒄𝒂 𝑬𝒅𝒊𝒕𝒐𝒓𝒊𝒂𝒍.