As mañás de visitas escolares seguen na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
Esta mañá recibimos aos cativos e cativas de Educación Infantil do CEIP Igrexa de Chapela.
Ademáis de coñecer os recursos da biblioteca e as vantaxes de ter o carné de socios, os nosos pequenos visitantes participaron na nosa sesión de libros e contos arredor da saúde mental e o autocoidado, onde ademáis de escoitar contos puderon facer as súas propias reflexións.
Ao rematar a visita fixeron o seu sorriso para espallar por toda a localidade.