Con motivo da celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor (23 de abril), as Bibliotecas Municipais de Redondela distinguen un ano máis  @s lector@s  máis activ@s  no servizo de préstamo, atendendo aos datos que rexistraron as súas estatísticas.

Este recoñecemento fai merecedor@s a est@s lector@s  dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio, á vez que son nomead@s  Socios/as de Honra das Bibliotecas Municipais de Redondela  ata a celebración do próximo ano, tendo a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo.

Os galardoad@s son @s seguintes:

Na Biblioteca P. M.  Xela Arias (Chapela-Redondela)

Angelina Castrelos Álvarez e o pequeno Ciro, de 5 anos

Na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela

Mª Teresa Díaz Amoedo  e Brais Barciela González

 

Esta iniciativa ten por obxectivo fomentar a lectura e premiar a fidelidade d@s usuari@s que máis libros retiraron en préstamo ao longo do ano anterior.

FELIZ DÍA DO LIBRO PARA TOD@S!