As bibliotecas pertencentes á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia conmemoramos mañá, 11 de xaneiro, o Día do Usuario.

No caso das Bibliotecas Municipais de Redondela queremos celebralo con este pequeno agasallo, pequeno pero feito con todo o noso agarimo : un marcapáxinas que podedes descargar para marcar o lugar da lectura e anotar os libros que ides lendo.

Unha biblioteca por si soa está coxa, sodes vós, queridos usuari@s, @s  verdadeir@s artífices da mesma.

FELIZ DÍA PARA TOD@S E GRAZAS POR FORMAR PARTE DESTA COMUNIDADE LECTORA DAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE REDONDELA !