No contacontos desta mañá quedounos unha cousa moi clara : que todo o ano temos que intentar vivir Igual que polo Nadal!
Olga Cuervo desganduxou historias entrañables e divertidas, entre as que non podía faltar unha da nosa admirada Gloria Fuertes.
Moitas grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso por facer posible que, nesta chuviosa mañá, pudiésemos gorecernos ao abrigo dos contos.