Banda deseñada, cómics, tebeos, manga, historietas, novela gráfica… son moitos os nomes que recibe o chamado 9º arte, que desde este ano 2022 conta en España cun día de recoñecemento: o Día do Cómic, que se celebra o 5 de marzo.
O 5 de marzo quere ser unha xornada de celebración da cultura do cómic, encamiñada a darlle visibilidade a este sector, para promover a divulgación deste medio artístico, reivindicar o seu papel social e de recuperación da memoria artística e histórica dos autores españois.
Unha reivindicación de autores, editores, distribuidores, librarías, divulgadores e festivais, e coa que nós queremos animarvos a achegarvos a un arte tan rico e diverso, no que sempre poderedes atopar obras ao voso gusto.
As Bibliotecas Municipais de Redondela sumámonos a esta celebración coa adquisición de dúas novidades editoriais nas nosas respectivas comictecas, unha para público infantil e mais outra para público adulto para cada un dos nosos centros:
- BIBLIOTECA P.M. VALLE-INCLÁN, Redondela:
– CARLOS SPOTTORNO & GUILLERMO ABRIL: La grieta. Astiberri.
– VERA BROSGOL: ¡Prepárate!. La Cúpula.
- BIBLIOTECA P.M. XELA ARIAS, Chapela:
– DAVID L. CARLSON & LANDIS BLAIR: El accidente de caza. Planeta Cómic.
– LÉA MAZÉ: Los Muértimer. Astiberri.
Agardamos que vos guste a nosa pequena selección.