O 17 de marzo celébrase en España o Día do Cómic.

Para festexar esa data, e promover a lectura, o coñecemento e o goce do 9º arte das nosas coleccións, as Bibliotecas Municipais de Redondela lanzamos cadansúa valixa de cómics viaxeiros con destino á outra biblioteca da nosa rede municipal.

  • Da Valle-Inclán de Redondela ➡ á Xela Arias de Chapela
  • Da Xela Arias de Chapela ➡ á Valle-Inclán de Redondela

Os usuarios das respectivas bibliotecas poderán coñecer e levar prestados unha serie de cómics da outra sede na súa biblioteca habitual.

Desde o luns 18 de marzo ata o mes de abril.

Cómics viaxeiros – na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela

Comics viaxeiros – na Biblioteca Xela Arias de Chapela