Este martes a Biblioteca Valle-Inclán de Redondela recibíu a visita de 56 alumnas e alumnos de 3º do CEP Santa Mariña.
Estas fermosas persoíñas atenderon as explicacións do noso compañeiro Cote, que se mesturaron coa súa curiosidade, entre os libros, xogos e cómics.
Ademais recibiron un pequeno agasallo co que se lles brindaba a oportunidade de formar parte da biblioteca (a aqueles que aínda non son usuarios da mesma).
Agradecemos a este centro de ensino a súa visita e agardamos, con ilusión, que sexa a primerira de moitas!
Ata pronto!