Con todas as prazas cubertas arranca este obradoiro de ciencia que celebraremos o xoves final de setembro na Biblioteca Xela Arias, en Chapela.

Nenas e nenos de 6 a 12 anos asistirán a este obradoiro co que viaxarán á lúa, ao centro da Terra, montarán en globo e en submarino e darán a volta ao mundo en só 80 días. Todo isto mergullándose xuntos nas obras de Xules Verne, e tamén realizando experimentos divertidos grazas á Ciencia máis Divertida.

Xoves 30 de setembro, ás 18:30 h.
Prazas completadas.

O obradoiro será desenvolvido polo grupo Ciencia Divertida, dentro do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.