Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.

Este ano correspóndelle á sección de Canadá, que difunde a mensaxe do escritor Richard Van Camp (co título de «As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día»), ilustrado por Julie Flett. Unha homenaxe ao poder dos libros infantís para expandir os nosos horizontes, acender a nosa imaxinación e fomentar a comprensión.