A Biblioteca Xela Arias de Chapela recibiu con gran ledicia a primeira visita escolar despois da pandemia. Este xoves acompañounos o alumnado de 5º curso do CEIP Alexandre Bóveda, cos que traballamos sobre mitos, lendas e ritos da tradición galega, e fixémolo a través dun xogo organizado pola biblioteca.

O grupo resultou moi participativo e a experiencia moi enriquecedora, tanto para os asistentes como para o persoal da nosa biblioteca.

O patrimonio inmaterial e a Galicia Máxica deron moito para falar, para coñecer e para xogar. Un xeito de celebrar o Día das Letras Galegas transmitindo, na nosa lingua, o patrimonio inmaterial de Galicia.

Moi agradecidos ao CEIP Alexandre Bóveda polos seus comentarios sobre a visita na rede Twitter.