Peúgo-Redondela Peúgo-Chapela

 

As Bibliotecas Municipais de Redondela unímonos á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha actividade para @s nen@s composta pola presentación, contacontos e taller ao redor do álbum ilustrado “Peúgo, o calcetín melenudo”.
“Peúgo, o calcetín melenudo” trata de xeito sutil o tema da violencia de xénero a través da personaxe dun calcetín e a súa confidente, a lavadora Ramona.
Ao frente da actividade está a súa autora, a  mestra do CEIP Plurilíngüe de Cedeira,  Jessica Rodríguez Piñeiro, nominada en dúas ocasións aos premios Educa Mellor Docente de España, que publica un libro destinado a acabar cos estereotipos de parella desde a infancia a través dun entrañable caletín, Peúgo.
Jessica explica nunha entrevista a La Voz de Galicia que ” el libro es apto para cualquier edad, «porque los aprendizajes y perspectivas son distintos», pero reivindica la importancia de trabajar desde la infancia los valores de la autoestima y del respecto para acabar con la violencia así como la necesidad de fomentar la lectura.”
Imaxe de La Voz de Galicia

Imaxe de La Voz de Galicia

“Es un álbum, ilustrado por Victoria Rem y apto para niños de todas las edades, aunque esté directamente dirigido a los de 7 a 9 años. Es sencillo de leer y tiene frases recurrentes. Además me encargué durante algún tiempo de la biblioteca del colegio y me di cuenta de que no había literatura para niños que abordara la violencia de género”
A actividade terá lugar:
-O 25 de novembro, na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela
Para nenos/as de 6 a 9 anos
Ás 18:30 h.
-O 2 de decembro, na Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela)
Para nenos/as de 3 a 6 anos
Ás 18:30 h.
-De balde
-Prazas limitadas. Inscrición previa na biblioteca
-As actividades serán diferentes, e adaptadas a cada franxa de idade, en cada un dos dous obradoiros.