O 24 de outubro celébrase en España o Día das Bibliotecas. Para festexar esa data tan querida para nós, dende a Xela Arias organizamos un obradoiro creativo para nenos e nenas.
Caixa, Caixiña, Caixón, con Andamiaxe Innova, é unha proposta de achegamento literario, onde nenos e nenas descubrirán as mil e unha historias anónimas olvidadas para rescatalas, contalas e ilustralas de xeito orixinal e imaxinativo, dende unha caixa de cartón a unha caixiña de papel.

O obradoiro está pensado para nenos e nenas de entre os 6 e os 9 anos, e terá lugar o martes 25 de outubro, ás 18:30 h.

Escritores e escritoras emerxentes, rapaces e rapazas afoutos, inquedos, creativos ou simples curiosos estades convidados a participar, facendo previamente a vosa INSCRICIÓN NA BIBLIOTECA DE REDONDELA (986401561)

De balde